Powered by RND
Listen to GALIPORTUS in the App
Listen to GALIPORTUS in the App
(7,438)(250,057)
Save favourites
Alarm
Sleep timer

GALIPORTUS

Podcast GALIPORTUS
german estevez
Episodios cada semana, martes/terças feiras 16h. Se saber de projetos, pessoas e histórias que possam ser parte do programa, não hesite em nos contatar: gali...
More

Available Episodes

5 of 91
  • GLP- História e histórias (Cap.4)- Camões também era galego?
    Continuamos com esta nova série do Galiportus, dedicada a analisar a história de uma maneira simpática e muito vibrante. Buscamos chegar aos momentos históricos que uniram e separaram a Galiza e Portugal... e ainda aproximar-nos a essas pequenas histórias desconhecidas, as quais pertencem, quer de um passado longínquo, quer do último mês. Tudo é que faz parte da história: do Reino Suevo aos Irmandinhos, do Prestige às viagens do Vasco da Gama, dos contrabandistas da Raia aos perseguidos pelas ditaduras. E muito mais... Hoje abordamos um tópico esquecido: as raízes galegas de um dos alicerces da "nação" portuguesa. Falamos de Luis Vaz de Camões (1524-1580), autor de "Os Lusíadas", essa obra na que se fala da epopeia histórica dos navegantes que sairam de Lisboa a "descobrir" mundo.
    --------  
    18:44
  • GLP- Historia e historias (Cap.3)- As irmás Touza
    Continuamos coa nova sección do Galiportus, dedicada a analizar a historia dun xeito ameno e dinámico. Buscamos chegar aos momentos históricos que uniron e separaron a Galiza e a Portugal... e tamén achegarnos a esas pequenas historias ocultas ou pouco representadas, dun pasado lonxano ou mesmo do mes anterior. Todo forma parte da historia: do Reino Suevo aos Irmandiños, do Prestige ás viaxes de Vasco de Gama, dos contrabandistas da Raia aos represaliados polas ditaduras. E moito máis... Hoxe falamos das irmás Touza, que grazas a teceren unha rede de contactos na sua Ribadavia natal (Ou-Gz), contribuiron decisivamente na posibilidade de que centos de xudeos puideran atravesar a Raia e chegar deste xeito ao Porto, nao seu camiño ao exilio americano, fuxindo da barbarie do Holocausto nazi. Unha historia conmovedora e que se arrima ao peito. Xusto hoxe en día, nestes tempos de xenocidio palestino...
    --------  
    22:50
  • GLP- Historia e historias (Cap.2)- Lindoso, a memoria asolagada
    Continuamos coa nova sección do Galiportus, dedicada a analizar a historia dun xeito ameno e dinámico. Buscamos chegar aos momentos históricos que uniron e separaron a Galiza e a Portugal... e tamén achegarnos a esas pequenas historias ocultas ou pouco representadas, dun pasado lonxano ou mesmo do mes anterior. Todo forma parte da historia: do Reino Suevo aos Irmandiños, do Prestige ás viaxes de Vasco de Gama, dos contrabandistas da Raia aos represaliados polas ditaduras. E moito máis... Hoxe vamos até o 1992. Logo de décadas de sospeita, confírmase o que se temía. Constrúese o encoro/barragem do Lindoso, na Raia, e varias aldeas fican por baixo das augas en horas. Familias enteiras teñen que deixar as súas vidas e recordos atrás... e a memoria para moitos, desde aquela, está asolagada.
    --------  
    24:48
  • GLP- Historia e historias (Cap.1)- Eses mortos non son nosos
    Arrincamos unha nova sección no Galiportus, dedicada a analizar a historia dun xeito ameno e dinámico. Buscamos chegar aos momentos históricos que uniron e separaron a Galiza e a Portugal... e tamén achegarnos a esas pequenas historias ocultas ou pouco representadas, dun pasado lonxano ou mesmo do mes pasado. Todo forma parte da historia: do Reino Suevo aos Irmandiños, do Prestige ás viaxes de Vasco de Gama, dos contrabandistas da Raia aos represaliados polas ditaduras. E moito máis... Hoxe toca falar dun accidente de tránsito ocorrido en Lamas de Mouro (Melgaço-Pt) A só 3 kms da raia con Padrenda (Ou-Gz) Nada de soubo no lado norte da traxedia, no que 4 persoas morreron e 2 ficaron gravemente feridas. Por que é isto así?
    --------  
    15:50
  • Galiportus T2 X 08- Envellecemento activo e Blue Zones
    Xa tocaba falar de "vellos". Hoxe facémolo arredor dunha cuestión cada vez máis repetida: a esperanza de vida e o feito de envellecer activamente. Nunha sociedade a norte e sur do Miño que xa, nalgunhas zonas como Ourense ou Trás-os-Montes, conta coa metade da populación maior de 65 anos, os desafios son enormes a curto/medio prazo. Conversamos con X. M. Failde, presidente da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía, psicólogo e profesor titular na U. Vigo, nas áreas de saúde, educación e maiores, para que nos explique todo isto. Ao teléfono, desde Lisboa, e para visualizarmos a situación da perspectiva do cuarto país máis avellentado do mundo, aténdenos Estella Betancourt; docente, doutora en xerontoloxía e investigadora no ISCSP (Instituto Superior de Ciências Sociais e Políticas da Universidade de Lisboa) Xa de volta ao estudio da radio, falamos tamén con Tania Lorenzo e Adriana Tavares, educadoras que investigaron acerca do "Perfil das persoas centenarias en Ourense, un estudo piloto". Isto porque xa se fala da posibilidade de que as Terras de Celanova, no sureste de Ourense (na Raia con Melgaço e Castro Laboreiro) sexa declarada proximamente a sexta "Blue Zone" do mundo. Isto é, a inclusión da comarca galega dentro daquelas zonas onde maior concentración de centenarios hai, ao nivel doutras como Sardeña, Icaria (Grecia), Okinawa (Xapón), etc. E isto, por que será? As músicas: Solpor, de Baiuca; e a Avó da Maria, dos Deolinda. Ahá! Moito por vivir, moito por escoitar!
    --------  
    1:23:29

More Government podcasts

About GALIPORTUS

Podcast website

Listen to GALIPORTUS, The Law Show and many other podcasts from around the world with the radio.net app

Get the free radio.net app

  • Stations and podcasts to bookmark
  • Stream via Wi-Fi or Bluetooth
  • Supports Carplay & Android Auto
  • Many other app features
Radio
Social
v6.31.1 | © 2007-2024 radio.de GmbH
Generated: 12/12/2024 - 4:43:02 AM